top of page
digital global solutions
Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais
5 mar 2024
Introdución
A Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPF) da Consellería do Medio Rural (CMR) con carácter anual. A información difundida mediante esta estatística procede da explotación das declaracións e solicitudes de aproveitamentos en montes e terreos forestais dispoñibles na DXPF, combinado coa Base de datos Sociodemográfica dispoñible no IGE.
O obxectivo desta actividade é analizar as características socioeconómicas das unidades físicas e xurídicas que solicitan aproveitamentos forestais. Neste traballo centrarémonos nas solicitudes de xestión privada.
bottom of page